edición anterior

PROGRAMA DO SÁBADO 6 DE SETEMBRO

 

9:30 - Recepción de participantes na aldea da SAN MAMEDE DE COENCE

Ver ubicación do aparcamento e recepción (+ percorrido do roteiro) >>>

10:30 - ROTEIRO TEATRAL: "A BENVIDA"

En San Mamede de Coence, entre a ponte Vilela, a corredoira que sobe á carballeira, as casas acollen conversas, retranca e segredos; a benvida é un ritual, porque agora o prado é noso ou temos unha herdanza de dous regos, antes todo era do amo. Ao pé do río xogamos e moceamos, na carballeira o traballo e o encontro furtivo, na corredoira queremos casar e na Casa Grande bautizamos o neno. Quen chega de novo á aldea, entra nun tecido vital de costumes e obrigas sen porta de saída. Música, canto, teatro, baile, amores novos e vellos, o retorno da emigración... os nenos xogan: 16 escenas no seu espazo natural, na aldea.

TRANSICIÓNS
ESCENAS
Á SOMBRA DOS CARBALLOS
BENVIDA SEXA A HERDANZA
CANDO A LÚA MANDA
AGORA O PRADO É NOSO
O CEO PRESO NO CARBALLO
O RECIBIMENTO DO CABO SEGUNDO
MOCEAR, CON XEITO
UN BAUTIZO
XOGAMOS E ACOLLEMOS
OS QUEIXOS DAS BORREAS
RAMON DA PENEIRA
O FÍO DA VIDA
A NORA BEN RECIBIDA
CANTAMOS E BAILAMOS?.
O OUTRO BAUTIZO
A CAIXA TRAFULQUEIRA

14:00 - Remate do ROTEIRO e traslado por libre ata SANTIAGO DE ALBÁ

14:30 - XANTAR NA ALDEA

16:30 - ENTREGA DE PREMIOS (MÁCARA, CAREÓN E SOND'ALDEA)

17:30 - XOGOS POPULARES

--> PREME PARA VER O PROGRAMA DE MAO DO SÁBADO

 

Este é o aparcadoiro e lugar da recepción para o sábado:

https://maps.app.goo.gl/LtBnTRPK8gQgGgVy6

Na aldea de SAN MAMEDE DE COENCE

roteiro 

19:30 :

DAVIDE SALVADO E

FRANSY GONZÁLEZ

fransy e davide 2

Fransy e Davide levan décadas colleitando pezas de música tradicional polas aldeas de Galicia recollen coplas, cantos e maneiras de tocar a pandeireta de mulleres do rural galego que se reunían e cantaban. Con elas, son continuadoras desta tradición e cóntannos unha historia de supervivencia, amor e paixón pola nosa cultura.

Da unión destas dúas carreiras xorde esta proposta musical e escénica baseada nun repertorio musical de raíz, desas mulleres que non só foron transmisoras, senón tamén creadoras.

O sábado traerannos o seu bo facer para que botemos uns bailes ó son das súas melodías.

Unha das súas actuacións na TVG

21:00 : OS CARECOS
 

Esta actuación está encadrada no: PROGRAMA MÓVETE - Vicepresidencia da DEPUTACIÓN DE LUGO - ÁREA DE CULTURA (Área de Cultura, Património Histórico-Artístico e Normalización Lingüística)

Os Carecos é un grupo de pandeireteiros de Ortigueira e Cariño, composto por Carlos Cheda, Samuel Ramos e Diego Chao. Se ben levaban dende pequenos no mundo da música tradicional, comezan o grupo no 2014, tras coñecerse na Asociación Cultural Gamelas e Anduriñas de Espasante e darse conta de que as súas voces cadraban ben xuntas.

Os Carecos, sempre amantes da súa tradición, elixen un repertorio festeiro que anima a cantar e bailar con eles, e percorren toda Galicia para alegrar a todo aquel que queira escoitalos.

 

 

carecos
2021 2023