PROGRAMA DO VENRES 5 DE SETEMBRO |
16:30 - Recepción de participantes no Parladoiro de Santiago de Albá17:00 - Mesa de debate:POR UN FUTURO POSIBLE E DESEXABLE PARA O MEDIO RURALModera: Santiago (Chago) Prado CondeProxección da curtametraxe:RAÍCES, DA UTOPÍA EN DIANTE(Preme para ver o trailer da curtametraxe) Participan: Feitoría Verde Illa Bufarda Asociación Veciñal o Reguiño |
--> UBICACIÓN: https://maps.app.goo.gl/7asEKgJU19PyfQ5q6 --> PREME PARA VER O PROGRAMA DE MAO DO VENRES A mesa debate no Son d’aldea sempre se caracterizou por explorar a ruralidade plural e diversa. Nesta ocasión imos imaxinar o futuro a través do traballo que ven desenvolvendo Feitoría Verde e Illa Bufarda coa Asociación Veciñal o Reguiño, e que se plasmou na creación da curtametraxe Raíces, da utopía en diante. Unha posta en valor da comunidade, dos vínculos dentro dos procesos socioeducativos e do audiovisual como ferramenta de transformación colectiva.
|
|
19:30 - Presentación dos libros: |
"ESPERTINA E ESPERPENTA" Andrea García Martínez |
" ARREDOR DO CUARTO PEQUENO " Xosé Manuel do Castro |
![]() |
![]() |
20:30 - ANXO MOURE: "Unha árbore vén vernos" Atrapador de contos, nacido o día dos santos inocentes do ano 1963. Coñecido como o Carballo con Botas e herdeiro da tradición do "Barón Rampante" de Italo Calvino e do realismo máxico de Álvaro Cunqueiro, os seus contos xa están no maxín de varias xeracións de alumnas e alumnos de centros escolares de Galiza, Euskadi, Castela-A Mancha, O Bierzo, Portugal..., e mesmo na selva amazónica peruana de Iquitos. É o inventor da Ciclobiblioteca, a Titiricleta, o Paztinete, o Nubinete, a Barca dos Contos ou o Paraugas Dameaugas... aparellos cos que chega a bibliotecas, prazas, centros culturais ou escolas para contar os seus contos. |
![]() |
![]() |
21:30 - Cea na aldea |
![]() |
![]() |
![]() |