PROGRAMA DO SÁBADO 6 DE SETEMBRO |
9:30 - Recepción de participantes na aldea da SAN MAMEDE DE COENCEVer ubicación do aparcamento e recepción (+ percorrido do roteiro) >>> 10:30 - ROTEIRO TEATRAL: "A BENVIDA"En San Mamede de Coence, entre a ponte Vilela, a corredoira que sobe á carballeira, as casas acollen conversas, retranca e segredos; a benvida é un ritual, porque agora o prado é noso ou temos unha herdanza de dous regos, antes todo era do amo. Ao pé do río xogamos e moceamos, na carballeira o traballo e o encontro furtivo, na corredoira queremos casar e na Casa Grande bautizamos o neno. Quen chega de novo á aldea, entra nun tecido vital de costumes e obrigas sen porta de saída. Música, canto, teatro, baile, amores novos e vellos, o retorno da emigración... os nenos xogan: 16 escenas no seu espazo natural, na aldea.
14:00 - Remate do ROTEIRO e traslado por libre ata SANTIAGO DE ALBÁ 14:30 - XANTAR NA ALDEA 16:30 - ENTREGA DE PREMIOS (MÁCARA, CAREÓN E SOND'ALDEA) 17:30 - XOGOS POPULARES |
--> PREME PARA VER O PROGRAMA DE MAO DO SÁBADO
Este é o aparcadoiro e lugar da recepción para o sábado: https://maps.app.goo.gl/LtBnTRPK8gQgGgVy6 Na aldea de SAN MAMEDE DE COENCE
|
||||||||||||||||||
19:30 : DAVIDE SALVADO E FRANSY GONZÁLEZ |
![]() |
||||||||||||||||||
Fransy e Davide levan décadas colleitando pezas de música tradicional polas aldeas de Galicia recollen coplas, cantos e maneiras de tocar a pandeireta de mulleres do rural galego que se reunían e cantaban. Con elas, son continuadoras desta tradición e cóntannos unha historia de supervivencia, amor e paixón pola nosa cultura. Da unión destas dúas carreiras xorde esta proposta musical e escénica baseada nun repertorio musical de raíz, desas mulleres que non só foron transmisoras, senón tamén creadoras. O sábado traerannos o seu bo facer para que botemos uns bailes ó son das súas melodías. |
|||||||||||||||||||
21:00 : OS CARECOS |
|||||||||||||||||||
Esta actuación está encadrada no: PROGRAMA MÓVETE - Vicepresidencia da DEPUTACIÓN DE LUGO - ÁREA DE CULTURA (Área de Cultura, Património Histórico-Artístico e Normalización Lingüística) Os Carecos é un grupo de pandeireteiros de Ortigueira e Cariño, composto por Carlos Cheda, Samuel Ramos e Diego Chao. Se ben levaban dende pequenos no mundo da música tradicional, comezan o grupo no 2014, tras coñecerse na Asociación Cultural Gamelas e Anduriñas de Espasante e darse conta de que as súas voces cadraban ben xuntas. Os Carecos, sempre amantes da súa tradición, elixen un repertorio festeiro que anima a cantar e bailar con eles, e percorren toda Galicia para alegrar a todo aquel que queira escoitalos.
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |