VENRES, 5 DE SETEMBRO. 21:00 ANXO MOURE : "Unha árbore vén vernos" |
|
Atrapador de contos, nacido o día dos santos inocentes do ano 1963. Coñecido como o Carballo con Botas e herdeiro da tradición do "Barón Rampante" de Italo Calvino e do realismo máxico de Álvaro Cunqueiro, os seus contos xa están no maxín de varias xeracións de alumnas e alumnos de centros escolares de Galiza, Euskadi, Castela-A Mancha, O Bierzo, Portugal..., e mesmo na selva amazónica peruana de Iquitos. É o inventor da Ciclobiblioteca, a Titiricleta, o Paztinete, o Nubinete, a Barca dos Contos ou o Paraugas Dameaugas... aparellos cos que chega a bibliotecas, prazas, centros culturais ou escolas para contar os seus contos. |
![]() ![]() |
SÁBADO, 6 DE SETEMBRO. 19:30 |
|
DAVIDE SALVADO e FRANCY GONZÁLEZ |
![]() |
Fransy e Davide levan décadas colleitando pezas de música tradicional polas aldeas de Galicia recollen coplas, cantos e maneiras de tocar a pandeireta de mulleres do rural galego que se reunían e cantaban. Con elas, son continuadoras desta tradición e cóntannos unha historia de supervivencia, amor e paixón pola nosa cultura. Da unión destas dúas carreiras xorde esta proposta musical e escénica baseada nun repertorio musical de raíz, desas mulleres que non só foron transmisoras, senón tamén creadoras. O sábado traerannos o seu bo facer para que botemos uns bailes ó son das súas melodías. |
|
SÁBADO, 6 DE SETEMBRO. 21:00 |
|
OS CARECOS |
|
Esta actuación está encadrada no: PROGRAMA MÓVETE - Vicepresidencia da DEPUTACIÓN DE LUGO - ÁREA DE CULTURA (Área de Cultura, Património Histórico-Artístico e Normalización Lingüística) . Os Carecos é un grupo de pandeireteiros de Ortigueira e Cariño, composto por Carlos Cheda, Samuel Ramos e Diego Chao. Se ben levaban dende pequenos no mundo da música tradicional, comezan o grupo no 2014, tras coñecerse na Asociación Cultural Gamelas e Anduriñas de Espasante e darse conta de que as súas voces cadraban ben xuntas. Os Carecos, sempre amantes da súa tradición, elixen un repertorio festeiro que anima a cantar e bailar con eles, e percorren toda Galicia para alegrar a todo aquel que queira escoitalos. |
![]() |